26 de abril de 2010

Do pantalán ao infinito



Unha mañá, a brétema deixaba ir a vista ata máis alá... sen fin. Coa idea de navegar lonxe, pero lonxe pode ser moita distancia... case sempre.




Nalgúns barcos pódese ir aínda máis aló. Nun catamarán moderno de 60 pés con todas as comodidades e podendo acadar velocidades impensables para un veterano monocasco, a travesía non duraría corenta días e corenta noites.
Nun clásico de madeira con aparello máis que tradicional, navegación bohemia e con esforzo, lenta, diferente, moitos cabos en comprobada desorde, renxer do tinglado, estimando a chegada por días e non por horas... a festa está no camiño.

Barlo-Sota


Empezo entender a estratexia de tomar a posición de barlovento nas regatas, en días de pouco vento á que te despistas quedas desventado, neste caso un tal Avalon.

5 de abril de 2010

A velas vir


É como imos saíndo, polo de agora. Pasou a Semana Santa e co sol e un pequeno anticiclón, a ría da Coruña encheuse de velas... había ganas...

Parecía un cruce en hora punta a punta do dique.

Tarde espléndida: sol, brisa suave, outras veces as cousas poñense costa arriba, e non polas vagas, mar de leva ben se leva.

Como din os que saben:
"Un bo atraque é cando o patrón pode baixar a porto, un atraque perfecto é cando pode volver a navegar o barco".
Segunda opción desta vez e Vimbio a son de mar listo pra outra navegada.