18 de novembro de 2010

Tempus fugit


Pouco movemento na rede, máis no mar

5 de maio de 2010

Solpores





Revisión en Sada das 100 millas :p e volta ao porto base. Laranxas e ouros everywhere. Polo través, enfilado o sol coa Torre de Hércules, tería que calcular os azimuts e as z e demáis, falta título, faltan coñecementos, non sobra nada.
Hai que ver coma o ollo de Sauron controla todo na "auga media", con boas intencións, non coma no conto.

26 de abril de 2010

Do pantalán ao infinito



Unha mañá, a brétema deixaba ir a vista ata máis alá... sen fin. Coa idea de navegar lonxe, pero lonxe pode ser moita distancia... case sempre.




Nalgúns barcos pódese ir aínda máis aló. Nun catamarán moderno de 60 pés con todas as comodidades e podendo acadar velocidades impensables para un veterano monocasco, a travesía non duraría corenta días e corenta noites.
Nun clásico de madeira con aparello máis que tradicional, navegación bohemia e con esforzo, lenta, diferente, moitos cabos en comprobada desorde, renxer do tinglado, estimando a chegada por días e non por horas... a festa está no camiño.

Barlo-Sota


Empezo entender a estratexia de tomar a posición de barlovento nas regatas, en días de pouco vento á que te despistas quedas desventado, neste caso un tal Avalon.

5 de abril de 2010

A velas vir


É como imos saíndo, polo de agora. Pasou a Semana Santa e co sol e un pequeno anticiclón, a ría da Coruña encheuse de velas... había ganas...

Parecía un cruce en hora punta a punta do dique.

Tarde espléndida: sol, brisa suave, outras veces as cousas poñense costa arriba, e non polas vagas, mar de leva ben se leva.

Como din os que saben:
"Un bo atraque é cando o patrón pode baixar a porto, un atraque perfecto é cando pode volver a navegar o barco".
Segunda opción desta vez e Vimbio a son de mar listo pra outra navegada.



26 de março de 2010

Con máis vento tamén




Pois os partes meteorolóxicos son modelos numéricos cada vez máis fiables, pero de vez en cando, xúntanse ou sepáranse algunhas cifras e atopas Forza 6... Sen problema, estreno da maniobra de rizos e todo de maravilla... puntas no GPS de 7,3 nós (6,7 na corredera).

Á noite, chegando á Coruña, xa amainara o vento... Sempre se conta máis do que foi, ou non... pero a cámara non a subimos a cuberta cuns 15 nós sostidos con rachas de vintetantos... Hai que roelo.

24 de março de 2010

Primavera


Un día tranquilo, uns 5 nos escasos de vento, pero a primavera xa se nota no pantalán: xente amañando barcos, escolas de vela con cativos que xa saben máis que nós... Ata o sol quixo aparecer tralas nubes pra saír nas fotos.


8 de março de 2010

Borrascas a go-go



Antes de que chegara Xinthya, xa houbo días con ventos de forza 7.
Amarras dobres para quedar máis tranquilos.

Tregua trala cicloxénese



Unha pequena saída pola ría unha tarde de marzo, despois de moitas tardes de mal tempo unha tranquila e agradable navegada.

A torre de control do tráfico marítimo ao fondo e un dos pesqueiros que voltaba a porto.



7 de março de 2010

Arrumbando ao porto base


As velas ao vento.


A Torre de Hércules ao fondo.

De Sada á Coruña, primeira travesía.
Saímos case ás 1800 de Marina Sada, era unha tarde fría de primeiros de febreiro pero o sol acompañaba.
Tivemos unha suave brisa do NW (6 ou 7 nós) pero que nos permitiu ir cinguindo a uns 4 dando bordadas cara a boca da ría.
Antes de chegar á Marola, caeu o vento canda o sol, e tivemos que arrancar o motor para entrar na ría da Coruña e chegar xa de noite ao amarre de Vimbio.
Gaspar veu saúdar e acompañarnos pasando diante de Lorbé.


Bautismo con auga




Primeira saída pola ría de Ares... baixo un chubasco.

Espectacular toma de contacto.

Largando amarras

Tres anos buscando...
Barcelona, Pontevedra, Vilagarcía, Madrid...
Dufour, Beneteau, Somo, Yatlant, Kelt, Puma...

Á fin, Jeanneau Sun 2500.
Estaba máis perto do que pensabamos, estaba pra nós.